Voluntariado

O éxito de toda a organización deportiva susténtase no "movemento voluntario"...

F.A.Qs

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O VOLUNTARIADO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRIATLÓN PONTEVEDRA 2011

 

Inscrición:

 

- Si xa colaborei como voluntario/a noutros eventos deportivos, ¿teño que cubrir a Ficha de Inscrición oficial igual?
Sí, porque axudaranos a actualizar as bases de datos e a organizarnos mellor ao coñecer a vosa dispoñibilidade, posibilidades, posibles cambios de datos persoais, etc.

- Dende que idade podo ser voluntario/a no Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011?
Dende os 16 anos cumpridos na data do Campionato (coa Autorización Familiar asinada que está na propia Ficha de Inscrición oficial), ata os 99.

- Cómo cubro a Ficha de Inscrición oficial?
Poderás cubrir a Ficha de Inscrición oficial na propia web do Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011; posteriormente, cando veñas ás xuntanzas de coordinación ou formación, darémoscha para que a firmes persoalmente.
Se es menor de idade (pero maior de 16 anos o día do Campionato) a terás que traer asinada polo/a titor legal.

- Se non son da cidade de Pontevedra, ¿podo ser igual voluntario/a?
Por suposto, toda persoa que queira colaborar con nós será benvida.

- Fai tempo que me inscribín e aínda non se puxeron en contacto ninguén comigo da organización, que debo de facer?
Aínda que tentaremos poñernos en contacto contigo no menor tempo posible, se ves que pasou algún tempo e non o fixemos (por algún erro de secretaría), podes poñerte en contacto con nós a través do correo-e oficinadevoluntariado@gmail.com.

- Que dereitos teño ao ser voluntario/a do Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011?
Recibir a formación xeral e específica do teu posto no organigrama de voluntariado, recibir o material de seguridade apropiado para a túa labor, estar cuberto por un seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes, participar na proba de triatlón “Ponte al Tri”, recibir coordinación, apoio e seguimento na túa función, recibir a Equipación Oficial de voluntario cunha gorra, un chuvasqueiro, unhas bermudas, dúas camisetas e un “gym sac”, participar no programa especial de actividades para persoas voluntarias durante o Campionato, acceder ás zonas reservadas para as persoas voluntarias, recibir un certificado da túa participación como persoa voluntaria, e poder tomar parte nas diferentes festas que se organicen durante o Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011... e sobre todo que poderás acompañar aos mellores triatletas do mundo.

- Que obrigas teño ao ser voluntario/a do Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011?
Respectar escrupulosamente os horarios que dende a organización se marquen.
Cumprir, coa mellor vontade posible, coa función voluntaria encomendada.
Coidar o material que a organización poña nas túas mans.
Axudar a conseguir que o Campionato de Europa de Triatlón Pontevedra 2011, todo o dispositivo de Organización e a cidade de Pontevedra sexan recordados con maior cariño e simpatía posible polos miles de visitantes.

 

Formación do Voluntariado durante o Campionato?

 

- En que consiste o curso de formación?
O curso de formación axudaranos a adquirir aqueles coñecementos básicos e necesarios para desenvolver as nosas labores como persoas voluntarias de xeito satisfactoria. Nel, ademais dunha formación xeral sobre o Campionato de Europa de Triatlón e do voluntariado, levarase acabo unha formación específica da área que tiveras elixido.

- É obrigatoria a asistencia?
Sí, é imprescindible para todos aqueles que queiran formar parte do Campionato asistir ao curso de formación, polo que para facilitar a vosa asistencia daremos a oportunidade de elixir entre dúas datas que vos serán comunicadas preferentemente por correo-e.

- En caso de que non poda asistir, ¿poderei colaborar como voluntario?
En caso de que por motivos de forza maior non podas asistir a ningunha das datas sinaladas, ponte en contacto con nós no correo oficinadevoluntariado@gmail.com e tentaremos solucionar o problema.

 

Outros:

 

- Cando teño que recoller a acreditación e o uniforme?
Tanto a acreditación de voluntario como a uniformidade terás que recollela unha vez realizado o curso de formación. Informarásevos o mesmo día do curso.

- Que pasa no caso de que queira colaborar e non poida asistir todos os días do evento?
Non hai problema. Algúns voluntarios empezarán a desenvolver as súas tarefas a partir do luns 20, aínda que os días 24, 25, 26 son os de máis movemento ao ser os propios do Campionato; polo que en caso de que non poidas estar todos, necesitamos un compromiso mínimo de dous días.

- Vou a colaborar como voluntario no Campionato cun amigo/a, familiar etc., ¿podemos estar xuntos?
Sí, na medida do posible, tentaremos poñervos xuntos. Para elo debedes de especificalo no momento de inscribirvos.

- En caso de calquera outra pregunta ou dúbida, como podo contactar con vós?
Se tiveras calquera outra pregunta ou dúbida, non o penses máis, ponte en contacto con nós no correo-e oficinadevoluntariado@gmail.com