Por segundo ano consecutivo, a cidade de Pontevedra acolle a proba do Campionato de Europa de Triatlón. O éxito obtido o pasado ano encheu de forza as vontades para que no 2009 a proba sexa aínda mellor.
A realización desta proba é posible grazas ao empeño das Administracións tanto autonómicas por parte da Xunta de Galicia, como local por parte do Concello de Pontevedra, que en todo momento nos apoiou, e grazas a este apoio a ETU outorgounos unha vez máis a honra de organizar esta proba.
A gran acollida da cidade de Pontevedra, das súas xentes, o apoio de todo o voluntariado fan que esta proba sexa a festa do tríatlon galego, que este ano repetirase o 17 de maio e contamos e esperamos a presenza de toda Galicia para que pouco a pouco a Copa de Europa de Tríatlon de Pontevedra, se converta nun referente a nivel mundial.
Que serva esta introdución de benvida a todos os triatletas europeos que por primeira vez se achegan a Galicia, así como tamén aos que xa nos visitaron no 2008.